Saltar navegación

Os usuarios do sistema

Os equipos arrancan de xeito automático cun usuario con permisos limitados denominado "usuario" con contrasinal "usuario".

Este usuario "usuario" pode traballar perfectamente coas aplicacións instaladas pero non pode instalar novo software no equipo ou actualizar ou desinstalar o existente.


Para realizar modificacións esenciais no sistema, existe un superusuario "root" do que falaremos a continuación.

Actualización da maqueta. Permisos.

A diferencia do que acontece co equipamento do proxecto Abalar, no cal o mantemento e as actualizacións da maqueta realízanse de xeito centralizado e transparente para o usuario a través da wifi e do servidor Abalar existentes nestes centros, no caso do proxecto Aulas Dixitais a responsabilidade destas actuacións recae no usuario do sistema con permiso de administración.

Este superusuario denomínase "root", con contrasinal "toor".
Así pois, calquera actuación que supoña modificacións do sistema como instalación de novo software ou actualización ou eliminación do existente, requirirá ter permisos de superusuario e deberase realizar identificándose no equipo como "root".

En moitas ocasións, para realizar tarefas como superusuario en GNU/Linux será preciso abrir un terminal e traballar en modo texto escribindo directamente os comandos a executar. Noutros casos existirán ferramentas gráficas que simplificarán o traballo pero que realmente na práctica executan os mesmos comandos en modo texto de forma transparente para o usuario.

 

Identificarse como usuario root do sistema 

 

Cambio de contrasinal de root