O xestor de enerxía
Suspender / Hibernar
Podemos configurar o equipo para definir o seu comportamento en canto á xestión de enerxía dependendo se está conectado á corrente eléctrica ou traballando coa batería.
Os modos de suspensión e de hibernación representan diferentes modos de ahorro de enerxía nos nosos equipos.
1. O modo de suspensión detén todas as operaciós de todos os procesos e salva o estado do sistema na memoria principal (RAM). O equipo pasa así a un modo de baixo consumo no que o sistema aínda necesita de enerxía. Normalmente hai varias formas de activar de novo a sesión, como por exemplo pulsar unha tecla ou pulsar e soltar rapidamente o botón de encendido do equipo.
2. O modo de hibernación traslada todos os datos da memoria RAM á memoria de intercambio (swap) no disco duro, e ademáis lle indica ao xestor de arranque que inicie a sesión co kernel axeitado para a continuación apagar a máquina completamente. Así pois, neste estado, o sistema non precisa de enerxía. Podemos volver a levantar o equipo pulsando o botón de encendido, o que provocará que o kernel recargue o contido da memoria desde a swap.
O xestor de enerxía.
Menú de aplicativos --> Configuración --> Xestor da configuración e no apartado "Hardware" Xestor da enerxía
Na figura seguinte podemos escoller como se comportará o equipo ao traballar con batería ao baixar a tapa do portátil.
Na pestana System dispoñemos de opcións para que o sistema nos avise cando o nivel da batería baixe dun determinado nivel (Preguntar), ou definir directamente se queremos pasar a un estado de suspensión, hibernación, etc.
A seguinte imaxe amosa as opcións para a pantalla (display):
Na pestana Devices amósase información sobre o estado da batería ou se o sistema se atopa ou non conectado á alimentación eléctrica.
Hibernar o equipo ao baixar a tapa do portátil cando se está a traballar coa batería
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0