O salvapantallas. O fondo de pantalla
O salvapantallas
Menú de aplicativos --> Configuración --> Xestor da configuración --> Screensaver
Podemos definir o tempo no que se activará o salvapantallas ou a posibilidade de bloquear o equipo despois de transcorrido un determinado tempo de inactividade (Opción "Lock Screen After").
En caso de bloqueo por inactividade, será preciso para desbloquear o equipo a introdución do contrasinal para o usuario "usuario" que, como xa se indicou con anterioridade, tamén é "usuario".
ACTUALIZACIÓN DO SCREENSAVER
Desde aproximadamente mediados do mes de marzo, cando se inicia o equipo aparece unha mensaxe advertindo para o screensaver "This version is very old! Please upgrade" . Esta mensaxe é irrelevante, pero pode resultar molesta.
Asimesmo, cando se accedeu á pantalla anterior puido aparecer a seguinte ventá, cunha mensaxe semellante á descrita:
A razón da aparición destas mensaxes, a grandes rasgos, é a seguinte:
- Debian caracterízase por ser unha distribución Linux altamente estable.
- Unha das principais razóns desta estabilidade é que as aplicacións non se incorporan aos repositorios oficiais de Debian ata estar altamente probadas, o que significa que a actualización dos repositorios en Debian é menos áxil que noutras distribucións Linux (por exemplo, Ubuntu).
- Esta circunstacia non é do agrado do desarrollador de XscreenSaver, un tanto molesto pola lentitude en incorporar a actualización do seu salvapantallas nos repositorios oficiais de Debian.
Podes consultar información máis detallada sobre esta cuestión no seguinte enlace:
http://lamiradadelreplicante.com/2016/04/03/el-desarrollador-de-xscreensaver-no-quiere-saber-nada-de-debian/
Nun apartado posterior veremos como actualizar o salvapantallas para eliminar esta molesta mensaxe. Basicamente, o proceso consistirá en descargar e instalar no sistema o seguinte arquivo .deb (para descargalo,simplemente facer click co botón dereito do rato e "Gardar enlace como"):
http://ftp.de.debian.org/debian/pool/main/x/xscreensaver/xscreensaver_5.34-1_i386.deb
Outra opción sería desactivar o salvapantallas do sistema, procedendo tal e como se especifica en:
http://www.edu.xunta.es/centros/abalar/aulavirtual/mod/book/view.php?id=2716&chapterid=1110
O fondo de pantalla
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0