Saltar navegación

O equipo non arranca. Que podemos facer?

 

Os equipos de Aulas Dixitais distribuíronse cuns pendrives de restauración que formatean o disco duro borrando por tanto todo o seu contido e devolvendo os mesmos ao estado inicial no que os deixaron os técnicos instaladores do proxecto. Unha vez restaurado o equipo, recoméndase pasar o paquete de actualizacións correspondente.

Así pois, este proceso sempre terá dous pasos:

  • Restaurar o equipo co pendrive subministrado seguindo as instrucións descritas no seguinte enlace.
  • Actualizar o equipo co último paquete "deb" dispoñible seguindo as instrucións no seguinte enlace.

Debemos ter en conta que cada versión de paquete deb incorpora actualizacións novas pero sempre mantendo todas as anteriores. Deste xeito, ao lanzar o novo paquete, o sistema fai a correspondente comprobación e todas aquelas actualizacións xa instaladas no equipo por estar en paquetes anteriores non serań cargadas de novo.

Como saber se o paquete de actualización do sistema ( kits-update.deb)  está instalado e en que versión?