Saltar navegación

Modo consola (comando apt-get)

 
terminaA consola ou terminal (Shell) é un programa informático mediante o cal o usuario pode interactuar co sistema operativo a través dunha ventá na que pode escribir comandos desde o teclado.
A consola permite un maior grao de funcións e opcións de configuración do que queremos facer cunha determinada aplicación ou acción respecto do entorno gráfico. "A grosso modo", permite ter un maior control sobre o equipo.
O proceso descrito con anterioridade para a instalación de aplicacións incluídas nos repositorios do sistema en modo gráfico mediante o xestor de paquetes Synaptic tamén se pode facer directamente desde a consola mediante o comando apt-get

Instalación do cliente FTP FILEZILLA.

Desinstalación de aplicacións mediante o comanado apt-get