Saltar navegación

Introdución

Os obxectivos principais deste bloque son os seguintes:

  • Adquirir habilidades básicas no emprego do sistema operativo Debian como usuario estándar (sen permisos de administración) que permitan o traballo cotiá co equipo.
  • Desenvolver destrezas como usuario avanzado con permisos de administración que permitan establecer estratexias para manter os equipos operativos e actualizados de cara o futuro.

A metodoloxía será a seguinte:

  • Unha breve xustificación teórica das cuestións máis representativas a ter en consideración.
  • A realización de actividades propostas significativas que permitan levar a cabo:
    • O traballo habitual como usuario estándar.
    • Os labores de mantemento e actualización como usuario avanzado con permisos de administración, tanto en modo gráfico como en modo texto. Neste sentido, practicarase de xeito guiado con  comandos no terminal que permitan actualizar o equipamento.
      Debemos ter en conta que previsiblemente no futuro no enlace de referencia www.edu.xunta.es/centros/abalar/aulavirtual (apartado Aulas kits dixitais) proporanse novos paquetes de actualizacións ou suxerencias para incrementar a funcionalidade e a operatividade dos equipos. Mediante a realización destas tarefas estarase capacitado para acometer ditas actuaciós cando sexa necesario.

O curso está dividido en dous grandes bloques.

  • O primeiro é obrigatorio e contén 4 tarefas a realizar. En cada apartado do mesmo indícase cando se está en condicións de realizar o número de tarefa correspondente.
  • O segundo bloque é opcional. Contén algunhas propostas adicionais . Non será preciso entregar ningunha tarefa vinculada a esta parte para a superación do curso. Sinalar que os apartados relativos á instalación dun teclado virtual flotante e actualización do LibreOffice teñen un nivel de complexidade maior que o do resto do material proposto. Recoméndase acometer estas tarefas só se se conta con soltura suficiente, aínda que en calquera caso é conveniente realizar unha lectura exhaustiva.