Iniciadores no panel superior
Un iniciador é un acceso directo a unha determinada aplicación instalada no sistema, de xeito que se poida acceder a ela facendo click sobre a icona representativa da mesma.
Para crear un iniciador no panel superior de xeito sinxelo faremos o seguinte:
- Seleccionamos unha aplicación calquera do menú de aplicativos, por exemplo, no menú Multimedia --> Pulse Audio Volume Control, pero en lugar dun simple click mantemos pulsado o botón esquerdo do rato e o arrastramos fóra do menú.
- Observaremos que o cursor do rato cambia convertíndose nunha man de cor negra e un signo "+" sobre a icona representativa da aplicación.
- Finalmente, só resta arrastrar o cursor do rato ata o panel superior para crear o iniciador desa aplicación:
OLLO: Non soltar o botón esquerdo do rato ata finalizar o último dos pasos!!
Menú de aplicativos --> Multimedia --> Pulse Audio Volume Control
Facemos click en "Crear un iniciador".
A partir deste momento, podemos abrir Pulse Audio Volume Control facendo click co botón esquerdo do rato no iniciador así creado.
MODIFICACIÓN DO PANEL
Pódese cambiar a orde de cada un dos elementos (iconas) do panel simplemente facendo click co botón dereito do rato sobre unha zona do panel libre de elementos e seleccionando "Preferencias do panel..."
Desplegarase a seguinte ventá:
Seleccionamos o elemento do panel desexado e coas flechas arriba e abaixo desplazámolo dentro do panel.
Neste mesmo menú tamén é posible editar ou borrar un iniciador xa creado.
Como exemplo, amosarase como editar o iniciador do panel xerado para o Pulse Audio Volume Contro cambiando a icona representativa:
Facemos click sobre a icona do iniciador:
Teremos a opción de seleccionar unha das iconas empregadas polo sistema:
Pero tamén podemos seleccionar calquera outra imaxe almacenada no noso disco duro. Na imaxe que se xunta escolleuse un arquivo .png :
Tarefa 2
Recoméndase realizar a tarefa 2 neste momento do curso
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0