Saltar navegación

Actualización de LibreOffice

 

A actualización dun determinado software en GNU Linux, por exemplo LibreOffice, implica na práctica un proceso previo de desinstalación do existente para proceder con posterioridade a unha nova instalación coa versión actualizada.

Este proceso realízase de xeito automático unha vez se lanza a instalación da actualización. Así pois, ao tratarse realmente dunha nova instalación, a actualización poderá realizarse de xeito gráfico a través do xestor de paquetes Synaptic ou en modo consola a través do comando apt-get install.

A situación é diferente cando se instala unha nova aplicación desde un paquete .deb, na que deberemos desinstalar en primeiro lugar a versión instalada antes de proceder a instalar o novo paquete.

Actualización do LibreOffice á última versión

A versión de LibreOffice instalada nos equipos é a 4.3.3.2

Podemos acceder a esta información a través do menú Aplicativos --> Oficina --> LibreOffice, seleccionando o menú Axuda --> Sobre LibreOffice

version actual libreoffice

A través do xestor de paquetes Synaptic podemos comprobar a última versión dispoñible nos repositorios oficiais de Debian:

Menú de aplicativos --> Sistema --> Xestor de paquetes Synaptic

Introducimos contrasinal de root

Facemos click en "Recargar" para actualizar o listado dos repositorios.

Aparecerá a seguinte mensaxe, que ignoramos facendo click en "Pechar"

synaptic recargar

Buscamos no filtro libreoffice e observamos, como era de esperar, que xa está instalado na versión 4.3.3.2, que coincide ademais coa última versión dispoñible nos repositorios.

version libreoffice dispoñible

Entón... Por que non aparece a versión 5 de Libre Office nos repositorios se xa está dispoñible?

Entón... Non podemos actualizar unha aplicación como Libre Office se non está nos repositorios? E instalar novo software que non estea nos repositorios oficiais?

Instalar o paquete do idioma, xa que por defecto a instalación realízase co idioma inglés.

Instalar os arquivos de axuda da aplicación: