Servidor rdp no Debian e no MakuluLinux

Escritorio remoto a un Debian desde outro Linux ou desde un Windows
 

 

Idioma no teclado

Simplemente debes de ir ao Panel de control / aplicacións no inicio e engadir para cada un dos usuarios a seguinte orde:

setxkbmap es

Pero aínda así, nalgunha ocasión o xrdp perde a configuración do teclado, pasando a empregalo teclado en inglés. Para iso creamos un script chamado teclado_sp.sh coa configuración do teclado, e copiámolo na carpeta /home, e co seguinte contido:

#!/bin/bash
for (( ; ; ))
do
CONFIG=$(/usr/bin/setxkbmap -query | grep layout | awk '{print$2}')

if [ "$CONFIG" != "es" ]; then
        /usr/bin/setxkbmap es
fi
sleep 1m
done

E para non andar cargando este script no inicio de cada usuario podemos facelo en /etc/skel/.config/lxsession/Lubuntu/autostart, no caso de que empreguemos o escritorio LDXE. Así cada vez que creemos un usuario, o sistema operativo copia o contido da carpeta /etc/skel no usuario a crear.

ATENCIÓN: Se engades unha tarefa cron no ubuntu, non terás os resultados desexados nas sesións de xrdp. É dicir, funciona no servidor, pero non nas sesións xrdp.