Servidor rdp no Debian e no MakuluLinux

Escritorio remoto a un Debian desde outro Linux ou desde un Windows
 

 

 

O escritorio GNOME non se leva ben con xrdp debido a un bug de gnome. O Cinnamon é un escritorio derivado de gnome, polo que presenta o mesmo problema. Por este motivo pódense instalar os escritorios XFCE4 ou o LDXE. Eu entendo que é máis lixeiro o LDXE.

Para instalalo podes teclear as seguintes ordes no teclado:

A. XFCE

sudo apt-get install qt4-qtconfig
sudo apt-get install xfce4 xfce4-goodies

Para que ao usuario lle apareza o escritorio XFCE ao conecartarse debemos de crear un ficheiro chamado .xsession

echo "xfce4-session" >~/.xsession

B. LDXE

sudo apt-get install lubuntu-desktop

E configuramos o ficheiro .xsessions

echo "lxsession -s Lubuntu -e LXDE" >~/.xession