Servidor rdp no Debian e no MakuluLinux

Escritorio remoto a un Debian desde outro Linux ou desde un Windows
 

 

Cliente

No caso de que o cliente sexa un Windows, empregaremos o programa de conexión a escritorio remoto propio do sistema operativo.

No caso dun linux, penso que o máis cómodo é empregar o Remmina

Para instalalo empregamos:

sudo apt-get install remmina

Pero o certo é que podemos empregar o terminal ou crear un script

rdesktop -u usuario  -p contrasinal -f -r sound:remote 192.168.1.100

Debemos de ter en conta que a versión de Remmina debe de ser superior á 1.0, xa que con esta versión ou inferior o teclado xera un erro coa tecla slash ( / ).

Se o cliente é Windows xp teremos que actualizar o rdesktop.

Tamén debemos de sinalar no cliente que recursos do ordenador local queremos compartir no ordenador remoto, como pode ser o escritorio, unidades usb, etc.

 

Atención. Importante escoller en audio e vídeo calidade mellorada (a máis alta). O Remmina da error con calidades máis baixas.