Que é o Minino?

 

Minino (Ártabros) é unha distribución basada en Debian 7 que deseñou GALPÓN, unha asociación de software libre de Pontevedra.

Para comprobar que efectivamente está basada en debian podemos teclear no terminal:

cat /etc/issue

MiniNo GNU/Linux Ártabros (Debian wheezy) \n \l

 

Podemos descargar esta distribución desde o enderezo:

http://minino.galpon.org/

Ademais na mesma páxina temos á nosa disposición un foro, no cal podemos expoñer as nosas dúbidas.

http://minino.galpon.org/es/forums/%C3%A1rtabros

Por que  Minino?

 

Elixir unha distribución é moi complicado. Todos as persoas ás que nos gusta matalo tempo co ordenador fixemos e seguiremos facendo un camiño de peregrinaxe procurando a distribución idónea. No meu caso analicei unhas cantas, fundamentalmente da familia Debian.

A distribución que máis tempo leva instalada no equipo coa que máis traballei foi Debian 7 Wheezy.

O Minino é está basado en Debian 7, con xa dixemos, unha distribución moi sólida, con moita documentación. E cunha estabilidade formidable. Pero o Minino non carga tantos programas e servizos como o Debian, motivo polo cal funciona en equipos con poucos recursos, xa que só consume uns70 mb de memoria se non abrimos ningunha aplicación. Iso si, se queremos navegar por Internet, non vai en calquera hardware.

Polo tanto, o Minino é lixeiro, estable, moi personalizable, con moita documentación, foros, blogs, etc. e ademais gratuíto. Sen dúbida un excelente candidato para facer unha migración de Windows a Linux.