Cambiar a resolución de pantalla con xrandr

Se desexamos mudar a configuración de pantalla no sistema operativos, podemos empregar a utilidade xrandr

1. Abrimos o terminal

2. Executamos a orde arandr

usuario@debian:~$ arandr

3. En saídas, eliximos a nova configuración de pantalla. A modo de exemplo baixamos a resolución de pantalla, pero esta utilidade serviría para configurar dúas pantallas, rotalas, etc.

 

4. Unha vez configurada a nova resolución debemos de gardar a configuración dentro de /home/usuario/.screenlayout

 

5. Configuramos o Debian para que cargue o script no inicio da sesión. Para  iso dirixímonos ao Xestor de configuración >Sesión e inicio

 

6. Agregamos o script que xerou o arandr

 

Procuramos a ruta /home/usuario/.screenlayout/pantalla.sh

7. Ao reiniciar o equipo xa carga a configuración do script