Usuarios e permisos

Cando traballamos de maneira cotiá cun sistema operativo, debemos de traballar cunha conta de usuario limitada. No caso de administrar o equipo, instalar software, etc, deberemos de contar cunha conta con máis privilexios: conta con permisos sudo ou unha conta con privilexios de root. Polo tanto, o usuario root ten máis privilexios que unha conta de usuario, o que lle posibilita facer máis cousas no equipo.

Pero, debemos de ter claro que un usuario que ten privilexios de root, ao inserir un lápis usb no equipo o lápis tamén ter eses permisos. Esto pode darnos algunha sorpresa: que faga de por si, cousas que non queremos.

Diferenciamos tres tipos de usuarios xerais: usuario, un usuario con dereitos de sudo, é dicir, con dereitos de instalación, borrado, etc e por último o superusuario root