Descarga da e creación dun USB-LIVE

1. Descargar a imaxe da maqueta Abalar desde a Aula Aberta Abalar

2. Creación dun lápis USB-Live

 

Cando dispoñemos dunha imaxe ISO dunha distribución linux e queremos crear un usb que sexa arrancable para estudar a distribución e posteriormente instalala se o consideramos, podémolo facer con varias aplicacións ou incluso co terminal no caso de que teñamos un equipo con gnu/linux.

a. Se estamos cun equipo Windows, podemos empregar o RUFUS. Nin tan sequera temos porque instalalo, xa que ten unha versión portable. Podemos descargalo desde a súa páxina: https://rufus.akeo.ie/?locale=gl_ES

Tamén podemos descargar o ETCHER desde a súa páxina: https://etcher.io/

b. No caso de que o noso equipo dispoña dun sistema operativo con Linux, podemos empregar o ETCHER, que descargamos desde a súa https://etcher.io/. Trátase dun ficheiro executable, polo que non é necesario instalalo.

 

Se o preferimos podemos empregar o terminal. Para iso podemos facelo con dúas instrucións: dd e cat

Antes de nada debemos de coñecer o nome da unidade. Para iso podemos facelo á súa vez con dúas aplicacións, pero con privilexios de root.

su root (indicamos o contrasinal)

fdisk -l

 

Neste exemplo, podemos observar que a unidade de /dev/sdd cunha capacidade de 14,4 GB é na que temos o usb de 16 gb (non aproveito totalmente a súa capacidade).

A segunda opción, e nesta ocasión máis visual, é coa orde gparted, que tamén nos servirá para formatear de maneira sinxela un lápiz usb.

gparted
gparted

 

Polo tanto agora só temos que crear a usb live:

dd if=/home/usuario/Descargas/abalar_17.iso of=/dev/sdd

No caso de empregar a orde cat

cat /home/usuario/Descargas/abalar_17.iso > /dev/sdd; sync

Coa orde cat, o proceso é moito máis rápido, sen embargo tenme ocurrido que unha vez creado o lápis, non arrancaba.

 

3. Arrancar o ordenador desde o lápis usb

 

Cada modelo de ordenador pode ter un sistema diferente para elixir a unidade desde a cal se quere facer o boot. Nos equipos máis ou menos modernos, as placas dispoñen dunha utilidade chamada Fast Boot. Ao premer nunha tecla (normalmente F12 ou F9), aparece unha pantalla na cal podemos elixir o lápis.

Se o equipo non dispón desta utilidade, deberemos de acceder á bios (normalmente premendo no arranque do equipo á tecla F2 ou Supr).