Actualizar Debian a unha nova versión

Se o que desexamos é mudar de versión de Debian, e non só actualizar dentro da mesma versión, seguiremos o seguinte procedemento:

1. Actualizamos a versión instalada (Debian Jessie)
root@debian:/home/usuario# apt-get update

root@debian:/home/usuario# apt-get upgrade

root@debian:/home/usuario# apt install dist-upgrade
 
2. Actualizamos a repositorio á seguinte versión (Debian Stretch)

No caso de que versión instalado sexa a Jessie (8) e queiramos actualizar a Stretch (9)

O que debemos de facer é cambiar jessie por stretch o sources.list, que está na carpeta /etc/apt. As fontes podemos cambialas en función do país e da versión de Debian. Para isto podemos valernos da seguinte páxina web: https://debgen.simplylinux.ch/

Se abrimos o ficheiro co mousepad quedará do seguinte xeito:

root@debian:/home/usuario# mousepad /etc/apt/sources.list

Quedando:

## Repos oficiais de debian
deb http://http.debian.net/debian/ wheezy main contrib non-free
deb http://http.debian.net/debian/ jessie main contrib non-free
deb http://security.debian.org/ jessie/updates main contrib non-free

## Repos de debian-backports
deb http://http.debian.net/debian/ jessie-backports main contrib non-free

## Repos multimedia
deb http://www.deb-multimedia.org jessie main non-free

Vemos que nesta ocasión aparece unha liña cos fontes de wheezy. É probable que o engadiran para instalar un software dispoñible en Debian 7, pero xa non dispoñible para Debian 8. Eliminamos esa liña e pasamos todo a Stretch

E debemos de deixalo do seguinte modo

## Repos oficiais de debian
deb http://http.debian.net/debian/ stretch main contrib non-free
deb http://security.debian.org/ stretch/updates main contrib non-free

## Repos de debian-backports
deb http://http.debian.net/debian/ stretch-backports main contrib non-free

## Repos multimedia
deb http://www.deb-multimedia.org stretch main non-free
 

Se non quixéramos cambiar manualmente o sources.list, podémolo facer cunha única expresión:

root@debian:/home/usuario# sed -i 's/jessie/stretch/g' /etc/apt/sources.list
 
2. Actualizamos á seguinte versión de Debian (Debian Stretch 9)
root@debian:/home/usuario# apt-get update

root@debian:/home/usuario# apt-get upgrade