Actualizalos repositorios

O primeiro que debemos facer é actualizar os repositorios, que ven a ser os enderezos dos cales o sistema operativo debe de descargar os ficheiros. Para executar esta instrución o usuario debe de contar con permisos de sudo, ou ben escalar a root.

usuario@debian:~$ su root

root@debian:/home/usuario# apt update

¿Pero de onde descargamos este listado de enderezos?

Iso témolo definido no ficheiro /etc/apt/sources.list, que ás veces terémos que modificalo para engadir novos servidores para descargar programas que non están nos repositorios oficiais de Debian.

 

VISUALIZACIÓN VISUAL NO SYNAPTIC

Abrimos o Synaptic. Abrimos Configuración > Repositorios

Podemos elixir de onde se desexa descargar, do Servidor principal ou ben de outros servidores

En other software podemos engadir máis enderezo de repositorios.

VISUALIZACIÓN CO TERMINAL
usuario@debian:~$ su root

root@debian:/home/usuario# mousepad /etc/apt/sources.list

 

Visualizamos os repositorios de Debian Jessie

## Repos oficiais de debian
deb http://http.debian.net/debian/ jessie main contrib non-free
deb http://security.debian.org/ jessie/updates main contrib non-free

## Repos de debian-backports
deb http://http.debian.net/debian/ jessie-backports main contrib non-free

## Repos multimedia
deb http://www.deb-multimedia.org jessie main non-free

 

Podemos engadir e cambiar os enderezos dos cales obtemos as URL dos paquetes. No seguinte enderezo podemos obter os enderezos dos repositorios:

https://debgen.simplylinux.ch/