Asignarlle a un usuario os permisos de sudo

Un usuario con permisos de sudo, pode executar todas aquelas instrucións sudo: instalar, agregar usuarios, actualizar, etc.

Para asignarlle a un usuario permisos de sudo, abrimos o terminal e escalamos a root

usuario@debian:~$ su root

Creamos un novo usuario chamado adminpc

root@debian:/home/usuario# adduser adminpc

Executamos a orde visudo

root@fornella:/home/usuario# visudo

Dámoslle todos os permisos ao usuario adminpc

 

 

Para sair, prememos a combinación de teclas Ctrl+x. Prememos Y para salvalos cambios.

Pechamos a sesión e entramos como adminpc

Abrimos o terminal e executamos a orde sudo su ao usuario adminpc, para que escale a root

adminpc@fornella:~$ sudo su

We trust you have received the usual lecture from the local System
Administrator. It usually boils down to these three things:

    #1) Respect the privacy of others.
    #2) Think before you type.
    #3) With great power comes great responsibility.

[sudo] password for adminpc:
root@fornella:/home/adminpc#
Agora o usuario adminpc poderá levar a cabo a mesmas tarefas que o usuario root