Instalación dun cliente Telegram

1. Descargamos a aplicación

Para Debian 32

https://tdesktop.com/linux32

Para Debian 64

https://tdesktop.com/linux

2. Descomprimimos o ficheiro

a. Desde thunar. Clic co botón dereito do rato e escollemos a  opción "Extraer aquí"

b. Co terminal

usuario@debian:~$ cd /home/usuario/Descargas

descomprimimos

usuario@debian:~/Descargas$ tar xvf tsetup32.1.2.6.tar.xz

 

3. Movemos o cartafol Telegram a /opt. Para mover ao cartafol /opt deberemos de contar con permisos sudo

usuario@debian:~/Descargas$ su root

root@debian:/home/usuario/Descargas# mv Telegram /opt

 

4.  De momento só chamamos a aplicación desde o terminal. En próximas prácticas crearemos un lanzador para chamalo desde o panel ou desde o menú. Para executar un ficheiros executable, deberemos de chamalo con ./nomedoficheiro  (non esquecer o punto antes da barra)

usuario@debian:~$ cd /opt/telegram/

usuario@debian:/opt/telegram$ ./Telegram