Os sistemas operativos Linux permiten a xestión dun ordenador desde un equipo diferente, obviamente coñecendo as credenciais. Poderemos actualizalo, crear usuarios, mover ficheiros, etc, é dicir, poderemos administralo á distancia. Sen embargo o que non permitirá será subir nin descargar ficheros de ese equipo remoto. Para esto último empregaremos a ferramenta scp.

1. O primeiro que debemos de coñecer o ip do equipo REMOTO (é dicir o equipo ao que queremos acceder). Para coñecer a ip dun equipo, podémolo facer a través do terminal ou ben de forma visual

Abrimos o terminal root, ou ben o emulador de terminal e escalamos a root

usuario@debian:~$ su root

Escribimos a orde ifconfig

root@debian:/home/usuario# ifconfig

Obtemos como resultado:

eth0      Link encap:Ethernet  HWaddr 74:d4:35:c6:dd:c6  
          inet addr:192.168.1.36  Bcast:192.168.1.255  Mask:255.255.255.0
          inet6 addr: fe80::76d4:35ff:fec6:ddc6/64 Scope:Link
          UP BROADCAST RUNNING MULTICAST  MTU:1500  Metric:1
          RX packets:15332 errors:0 dropped:0 overruns:0 frame:0
          TX packets:10888 errors:0 dropped:0 overruns:0 carrier:0
          collisions:0 txqueuelen:1000
          RX bytes:12874598 (12.2 MiB)  TX bytes:1420753 (1.3 MiB)

lo        Link encap:Local Loopback  
          inet addr:127.0.0.1  Mask:255.0.0.0
          inet6 addr: ::1/128 Scope:Host
          UP LOOPBACK RUNNING  MTU:65536  Metric:1
          RX packets:629 errors:0 dropped:0 overruns:0 frame:0
          TX packets:629 errors:0 dropped:0 overruns:0 carrier:0
          collisions:0 txqueuelen:1
          RX bytes:212456 (207.4 KiB)  TX bytes:212456 (207.4 KiB)

Neste exemplo, a conexión que teño activa é eth0. Fixámonos que ten a ip: 192.168.1.36

 

2. Desde o ordenador desde o que traballamos, o local, abrimos o terminal e executamos a seguinte orde:

usuario@debian:~$ ssh usuario@192.168.1.36

Onde usuario é o nome do usuario co que queremos entrar no sistema do equipo remoto, e 192.168.1.36 a ip do mesmo.

Se queremos entrar como root no mesmo equipo, escribiriamos

usuario@debian:~$ ssh root@192.168.1.36

Pero no equipo remoto teñen que ter habilitado o acceso como root ao equipo. Se non estivera habilitado, deberemos de facelo editando un pequeno ficheiro de configuración.

 

HABILITAR ACCESO COMO ROOT POR SSH NO EQUIPO REMOTO

root@debian:/home/usuario# cd /etc/ssh

root@debian:/etc/ssh# mousepad sshd_config

Comentamos a liña PermitRootLogin without-password, quedando

#PermitRootLogin without-password

E engadimos xusto embaixo a liña:

PermitRootLogin yes