1. Subir un ficheiro a un ordenador remoto
usuario@debian:~$ scp archivo.txt usuario@192.168.1.36:/home/usuario/Escritorio

Onde:

archivo.txt é o ficheiro que desexamos subir ao equipo remoto

usuario: é o nome do usuario co que nos logueamos no equipo

192.168.1.36, é a ip do equipo remoto

/home/usuario/Escritorio, é a ruta no equipo remoto no cal queremos gardar o ficheiros archivo.txt

 

2. Subir un cartafol a un ordenador remoto
scp -r cartafol usuario@192.168.1.36:/home/usuario/Escritorio

Para subir un cartafol debemos de empregar a etiqueta -r, seguida do nome do cartafol

 

3. Descargar un ficheiro dun ordenador remoto ao equipo local
scp usuario@192.168.1.36:/home/usuario/Escritorio/ficheiro.txt /home/martin/Escritorio

Onde:

/home/usuario/Escritorio/ficheiro.txt é a ruta no ordenador remoto na cal se atopa o ficheiro.txt

 

De forma análoga, pero engadindo a etiqueta -r e un nome dunha carpeta, descargarémola desde un ordenador remoto .