Samba

Samba é un servizo que nos permite compartir ficheiros e cartafoles na rede, tanto con equipos linux como Windows. A seguinte explicación é a que nos ofrece Nacho, no seu estudendo blog CotidianaPlace

1.- Instalamos Samba

2.- Tamén cifs-utils, que é unha utilidade para montar sistemas de ficheiros en rede.

3.- Creamos unha carpeta dentro do/home do usuario, que nos permitirá compartir as subcarpetas e ficheiros

4.- Configuramos o fichieros /etc/samba/smb.conf

root@debian:/home/usuario# mousepad /etc/samba/smb.conf

E engadimos ao final do ficheiros o seguinte texto, sempre e cando empreguermos o usuario chamado a súa vez usuario.

[Docu-compartidos]
comment = Archivos compartidos libremente
path = /home/usuario/Docu-compartidos
writeable = yes
share = yes

5. Engadimos un contrasinal ao usuario (neste caso é tamén chamado usuario). Podemos engadirlle unha calquera ou ben a mesma que se emprega para abrir a sesión. Imaxinemos que tamén sexa "usuario", como pasa na maqueta Abalar libre

root@debian:/home/usuario# smbpasswd usuario -a

6. Reiniamos o equipo ou ben o servizo samba

root@debian:/home/usuario# /etc/init.d/samba restart