Restaurar o Escritorio

Despois de facer moitos cambios no Escritorio, tanto voluntarios como involuntarios, é posible que queiramos reconfigurar o escritorio para que quede coa configuración orixinal. Pero só nos cambia o escritorio, non os menús nin os lanzadores dos paneis

Clic en Menú de aplicativos > Sistema > Restaurar Escritorio

 

 

No caso que queiramos reconfigurar todo a "modo fábrica". Reiniciamos o equipo, entramos no sistema como root, eliminamos o usuario, e borramos a súa carpeta de usuario. E finalmente volvemos a crealo. Se non queremos reiniciar, é moi probable que queden procesos abertos na conta de usuario que queiramos borrar, polo que nos imprimirá un erro ao executar deluser. Se queremos pechar todos os procesos, podemos empregar a instrución pkill -kill -u usuario).

root@debian:~# deluser usuario

root@debian:~# rm -r /home/usuario

root@debian:~# adduser usuario