Reinstalar libreOffice coa última versión

Para reinstalar un programa podemos proceder de varios xeitos. Como método xeral podemos empregar os dous seguintes:

1. Co Synaptic. Abrimos esta aplicación e procuramos o software que desexamos reinstalar. Neste caso o libreoffice

 

Sobre o programa a instalar, clic co botón dereito do rato e eliximos reinstalar

 

2. Co terminal. Executamos a seguinte instrución contando con dereitos de root:

usuario@debian:~$ su root

(engadimos o contrasinal)

root@debian:/home/usuario# apt install --reinstall libreoffice

 

Sen embargo, o LibreOffice está composto por moitos paquetes, polo que o anterior non reinstala completamente o programa, como puidera pasar con outros programas. Por iso, quizais sexa mellor eliminar completamente o Libreoffice e reinstalalo novamente:

 

Procedemento para instalar a última versión de LibreOffice para Jessie

 

root@debian:/home/usuario# apt remove libreoffice*

root@debian:/home/usuario# apt purge libreoffice*

Non debemos de esquecer o asterisco, para que elimine todas as relacións con libreoffice

 

Debemos de comprobar que contamos cos repositorios Backports a sources.list

root@debian:/home/usuario# mousepad /etc/apt/sources.list

## Repos de debian-backports
deb http://http.debian.net/debian/ jessie-backports main contrib non-free

 

Se tivemos que engadir a liña anterior a sources.list, deberemos de actualizar as fontes coa instrución

root@debian:/home/usuario# apt update

 

E seguidamente executar a orde de instalación:

root@debian:/home/usuario#  apt -t jessie-backports install libreoffice

E tamén deberemos de instalar o idioma galego, xa que por defecto o idioma da interface é o inglés

root@debian:/home/usuario# apt -t jessie-backports install libreoffice-l10n-gl

root@debian:/home/usuario# apt -t jessie-backports install libreoffice-help-gl

 

Ademais, para que o libreoffice se configure co tema configurado no Debian e deste xeito mellor a nivel estético o libreOffice, podemos instalar o seguinte paquete

root@debian:/home/usuario# apt install libreoffice-gtk