Despois de instalar todo o software necesario, elixir os tema que maís se adaptan aos nosos gustos, pode ser interesante crear unha iso do sistema para instalar no mesmo equipo ou en outros. Para isto, empregamos a ferramenta refracta.

1. Preparación. Copiado da configuración a /etc/skel

Pero antes, debemos de copiar a configuración do usuario nunha carpeta específica /etc/skel. A mision desta carpeta é gardar os ficheiros de configuración, de maneira que ao crear un novo usuario, o sistema operativo fai un backup de todo o gardardo na /etc/skel no /home/usuarionovo/.

Pero que copiamos a /etc/skel?

Podemos copiar calquera carpeta de configuración dos programas como pode ser o .gimp-2.8, pero concretamente sería moi interesante copiar as seguintes carpetas

cp -rp /home/usuario/.config/dconf /etc/skel

cp -rp /home/usuario/.config/gtk-3.0 /etc/skel

cp -rp /home/usuario/.config/Thunar /etc/skel

cp -rp /home/usuario/.config/xfce4 /etc/skel

Para comprobar que dispoñemos a configuración adecuada en /etc/skel, podemos crear un novo usuario e analizar se todo o entorno queda ao noso gusto.

2. Actualizar o sistema

Para que os paquetes sexan o máis actuais posible, podemos actualizar os repositorios e o sistema:

root@debian:/home/usuario# apt update

root@debian:/home/usuario# apt upgrade

E ademais debemos de limpar os paquetes que non son necesarios e a copia de ficheiros .deb que se garda en /var/cache/apt/archives e /var/cache/apt/archives/partial

root@debian:/home/usuario# apt-get clean

root@debian:/home/usuario# apt-get autoclean

root@debian:/home/usuario# apt-get autoremove

3. Borrar historial de navegación e caché do navegador

4.  Creación da imaxe

Entendo que a imaxe debemos de creala desde a conta de usuario (calquera usuario, é independente o nome), e non desde root. Algún tipo de incidencia atopei cando o fixen desde root, pero tamén é certo que engadída servizos que non son habituais.

Dirixímonos a Menú de aplicativos > Sistema > Creador de SnapShot-live

 

Clic en next

 

Clic en Create Snapshot. Seguidamente indicamoslle o nome que queremos darlle á maqueta e clic en ok

 

 

Comeza a executar. Dependendo do equipo co que traballemos levaralle máis ou meos tempo. Ao final do proceso, o creará unha carpeta chamada /home/snapshot. Dentro dela crearanse dous ficheiros un .iso (que será o que teñamos que grabar nun dvd ou nun usb-live) e un .iso.md5, que é a clave pública do ficheiro iso.

Para crear o usb-live, voltaremos a ler o explicado aquí