Procurar ficheiros co terminal

1. locate

A orde locate procura ficheiros nunha base de datos dos sistema. É conveniente actualizala para que aparezan os últimos ficheiros engadidos ao sistema

root@debian:/home/usuario# updatedb

O funcionamento é moi sinxelo

usuario@debian:~$ locate .pdf

 

2. find

O comando find ten moitísimas posibilidades. Se queremos buscar todos os ficheiros pdf dentro dunha carpeta podemos executar a seguinte instrución:

usuario@debian:~$ find /home/usuario -iname '*.pdf'

 

Procurar un texto dentro dos ficheiros

1. grep -lir

l server para que imprima o nome dos ficheiros, i para ignorar se está en maiúscula ou minúscula e r para buscar de maneira recursiva dentro das carpetas

usuario@debian:~$ grep -lir "linux" *