MenuLibre

A aplicación MenuLibre é unha fantástica ferramenta para configurar o menú de aplicativos. Permítenos crear lanzadores aos programas que desexemos.

1. Clic en engadir (+)

2. Escollemos a opción "Add Launcher"

3. Como nome escollemos Procurar, e na icona eliximos o edit-find-symbolic, ou calquera outro en forma de lupa. En command escribimos gnome-search-tool

4. Gardamos

5. Ao pinchar na icona de Menú de aplicativos, podemos observar que temos unha ferramenta nova, para buscar ficheiros:

ACLARACIÓN. Ao crear un lanzador co MenuLibre, o software garda o mesmo en /home/usuario/.local/share/applications, neste caso co nome menulibre-procura.desktop. Pero en ocasións queremos que o lanzador Procura lles apareza a todos os usuarios. Para iso, podemos copiar o ficheiro menulibre-procura.desktop en /usr/share/applications/