Que é GNU/LINUX?

 

Cando falamos de Linux estámonos referindo ao nome dado ao núcleo do sistema operativo, chamado Kernel. O creador inicial do Kernel foi Linux Torvalds no ano 1991.

 

https://www.kernel.org/

 

O kernel por si mesmo non ten utilidade práctica. É preciso u nha serie de programas adicionais para que o seu uso sexa efectivo: interpretadores de comandos, compiladores, editores de textos, etc. No 1992 xúntanse o proxecto Linux co proxecto GNU (KERNEL + PROGRAMAS ESENCIAIS)

 

Unha distribución é u n proxecto co obxectivo de empaquetar un conxunto de aplicacións Linux e un asistente para a instalación. As distribucións son creadas para un perfil de uso, en función de se están destinadas para o escritorio, servidores, centros multimedia, internet das cousas, etc.

 

     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A maqueta Abalar

 

A maqueta abalar é unha distribución Linux Debian que conta con programas de uso cotiá no ensino. Pódese descargar desde a Aula Aberta Abalar

https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual2/course/view.php?id=85

 

 

Trátase polo tanto dun Debian empaquetado con Refracta. Esta aplicación permite non só instalalo, permite crear unha ISO personalizada, é dicir unha distribución propia.