Actualizar o kernel

 

apt-get update

aptitude search linux-image

E procedemos a instalar o último que vexamos. Concretamente neste momento está na versión 4.8.0

aptitude install linux-image-4.9.0-0.bpo.4-686-pae

 

Reiniciar o equipo e comprobar que está en funcionamento o kernel instalado. Para iso botamos man da seguinte instrución:

 

usuario@debian:~$ uname -v

 

Actualizar a unha das versións máis modernas publicadas

Se quixéranos instalar unha das versións máis modernas do kernel, podemos engadir os repositorios do Debian Testing en /etc/apt/sources.list. Podemos ver cales son no seguinte enderezo: https://debgen.simplylinux.ch

Engadimos a seguinte liña a /etc/apt/sources.list

deb http://deb.debian.org/debian/ testing main

root@debian:/home/usuario# mousepad /etc/apt/sources.list

Quedando

deb http://deb.debian.org/debian/ testing main

## Repos oficiais de debian

deb http://http.debian.net/debian/ jessie main contrib non-free
deb http://security.debian.org/ jessie/updates main contrib non-free

## Repos de debian-backports
deb http://http.debian.net/debian/ jessie-backports main contrib non-free

## Repos multimedia
deb http://www.deb-multimedia.org jessie main non-free

Actualizamos as fontes

root@debian:/home/usuario# apt update

Comprobamos agora a versión máis moderna que podemos instalar

root@debian:/home/usuario# aptitude search linux-image

Vemos que a versión máis moderna que podemos instalar a 4.14.0-3

p   linux-image-4.14.0-3-686        - Linux 4.14 for older PCs                  
p   linux-image-4.14.0-3-686-dbg    - Debug symbols for linux-image-4.14.0-3-686
p   linux-image-4.14.0-3-686-pae    - Linux 4.14 for modern PCs

Para instalala procederíanos coa seguinte orde:

root@debian:/home/usuario# aptitude install  linux-image-4.14.0-3-686

Ao rematar, reiniciamos o sistema.

MOI IMPORTANTE. Retirar ou comentar a liña deb http://deb.debian.org/debian/ testing main despois de reiniciar. E seguidamente facer un apt update. Se non o facemos, comezaremos a instalar software da rama testing que con moita probabilidade traerá problemas de dependencias.