Arquitectura, kernel e versión da distribución

a. Arquitectura

Para saber a arquitectura do noso equipo, en cando ao hardware e en canto ao software, podemos escribir a seguinte instrución:

usuario@debian:~$ lscpu

Obteremos un resultado, do que podemos destacar a seguinte información:

Arquitectura:          i686

Modo(s) OP da CPU:     32-bit, 64-bit

CPU(s):                4

Model name:            Intel(R) Core(TM) i5-3470 CPU @ 3.20GHz

 

Arquitectura: i686, indícanos que o sistema operativo instalado é de 32 bits, sen embargo co resposta Modo(s) OP da CPU: 32-bit, 64-bit, infórmasenos que neste equipo poderemos instalar indiferentemente un sistema operativo de 32 ou de 64 bits. Tamén se nos informa de que ten un procesador i5 de 4 núcleos ( CPU(s): 4)

 

b. Kernel

O kernel está en constante evolución, grazas ao traballo da comunidade e de múltiples empresas que colaboran na súa evolución.

Para coñecer a versión do kernel  instalado, podemos empregar a seguinte instrución:

usuario@debian:~$ uname -v

Pode darnos como resultado algo así:

#1 SMP Debian 4.9.13-1~bpo8+1 (2017-02-27)

Podemos actualizalo, sen que por iso teñamos que instalar unha distribución máis moderna.

 

c. Versión do sistema operativo

 

No caso dunha distribución calquera, podemos comprobar a versión coa instrución:

usuario@debian:~$ lsb_release -a

No meu caso, imprimise na pantalla, entre outras cousas, o seguinte:

Distributor ID:    Debian
Description:    Debian GNU/Linux 8.7 (jessie)
Release:    8.7
Codename:    jessie

No caso de que a versión sexa Debian, podémolo facer lendo o ficheiro debian_version

usuario@debian:~$ lsb_release -a

cat /etc/debian_version

imprimíndose algo así, no meu caso:

8.7