Instalación de impresoras HP

 

 

No caso das impresoras hp, resulta máis sinxelo. Se instalamos un paquete que proporciona hp, xa nos instala moitos dos modelos de impresora deste fabricante:

apt install hplip

Ademais na maqueta Abalar teremos que instalar o paquete:

apt install python3-pyqt5

Unha vez instalado o paquete, podemos chamar á aplicación hp-setup

root@debian:/home/usuario# hp-setup

 

 

Ao pulsar en seguinte, detecta a impresora

 

 

Deberemos de estar atentos, porque se abre un terminal solicitando que descarguemos un pligin de instalación para hplip

 

 

Seguidamente indicámoslle que o instale e aceptamos a licenza.