Instalar a última versión publicada de Firefox

Neste caso instalamos unha versión dun programa que non está engadida nos repositorios de Debian.

1. Accedemos ao servidor de firefox e descargamos a última versión estable. Para iso escribimos na barra de enderezos do navegador ao seguinte enderezo:

http://ftp.mozilla.org/

2. Clic en pub > firefox > releases > 58.0

Para 32 bits clic en linux-i686 > gl: http://ftp.mozilla.org/pub/firefox/releases/58.0/linux-i686/gl/firefox-58.0.tar.bz2

Para 64 bits clic en linux-x86_64: http://ftp.mozilla.org/pub/firefox/releases/58.0/linux-x86_64/gl/firefox-58.0.tar.bz2

3. Unha vez descargado o ficheiro, debemos de descomprimilo (botón dereito do rato e escollemos a opción "Extraer aqui"

 

 

4. Movemos o cartafol firefox a /opt

a. Co terminal:

Logueamonos como root, xa que debemos de ter permisos sudo para copiar unha carpeta en /opt

usuario@debian:~$ su root

Dirixímonos á carpeta Descargas

root@debian:/home/usuario# cd Descargas

Movemos a carpeta firefox a /opt

root@debian:/home/usuario/Descargas# mv firefox /opt

b. co explorador de ficheiros Thunar

Abrimos o terminal e escalamos a root

usuario@debian:~$ su root

chamamos ao Thunar

root@debian:/home/usuario# thunar

Dirixímonos a /home/usuario/Descargas e cortamos o cartafol firefox  e pegámolo en /opt

 

 

5. Co menú libre creamos un lanzador, situado no apartado Internet que chame a /opt/firefox/Firefox

Abrimos o firefox e chamamos a menulibre

 

 

A icona podémola seleccionar da seguinte ruta: /opt/firefox/browser/chrome/icons/default/default48.png

6. Pechamos o Firefox e volvemos abrilo. Comprobamos en Help > Sobre Firefox se a versión instalada é a correcta.