Configuración do fondo do escritorio

 

Ver iconas no escritorio. Co botón dereito do rato facemos clic en calquera lugar do escritorio. Escollemos a opción "Configuración do Escritorio"

Podemos engadir unha imaxe da existentes ao fondo do Escritorio. Tan só debemos de seleccionala.

Sen embargo é posible que non desexemos ter ningunha imaxe e tan só queiramos visualizar unha cor. Neste caso escollemos as seguintes opcións:

PRACTICA

a. Descarga a seguinte imaxe da praia de Arnela

b. Renomea o ficheiro da imaxe por arnela.jpg

c . Copia a imaxe en /usr/share/xfce4/backdrops/ (lembra que precisas dereitos de root)

d. En propiedades de Escritorio selecciona a imaxe. En estilo, escolle a opción Estirado