Instrución dpkg

O dpkg é un programa que serve, entre outras cousas, para instalar, desinstalar  paquetes .deb

 

1. Descargar o paquete deb para a instalación dun cliente Dropbox

https://www.dropbox.com/install-linux

2. Escollemos o paquete en función a arquitectura do noso equipo. Para saber cal é arquitectura do equipo podemos empregar a orde de terminal:

usuario@debian:~$ uname -a

Se na resposta obtemos i686 GNU/Linux, trátase dun equipo cunha arquitectura de 32 bits. Sen embargo se obtemos amd64 estariamos traballando cun sistema operativo de 64 bits

3. Unha vez descargado o paquete, dirixímonos á páxina de Descargas e instalámolo coa orde dpkg -i

usuario@debian:~$ su root

root@debian:/home/usuario# cd Descargas/

root@debian:/home/usuario/Descargas# dpkg -i dropbox_2015.10.28_i386.deb

4. Poderemos abrir a aplicación pinchando en Menú de aplicativos > Internet> Dropbox. Despois de instalar, abrirase unha páxina web na cal debemos de engadir as nosas credenciais de Dropbox

 

 

5. Coa axuda do explorador de ficheiros, podemos observar que aparece unha nova carpeta chamada Dropbox. Todo o que copiemos nela sincronizarase co contido que teñamos no servidor