Creación dun lápis usb-live coa orde dd

En ocasións, dependendo da marca do lapis USB, os programas de creación de imaxes como  pode ser o Unetbootin ou o Etcher xeran ben a imaxe USB, pero sen embargo despois da instalación o sistema operativo non arranca, dando erros do tipo kernel panic.

 

Para evitar esta problemática, pódense crear co terminal, empregando a orde dd

 

1. Abrimos o thunar e accedemos ao cartafol no que teñamos a imaxe descargada. No meu caso en Descargas

/home/usuario/Descargas/

2. Clic co botón dereito do rato e escollemos a opción "Abrir aquí unha terminal"

3. Logueámonos como root

usuario@debian:~/Descargas$ su root

4. Miramos cal é a  unidade na cal temos o lápis usb. Para iso inserímolo nun porto usb. Seguidamente escribimos no terminal a orde gparted

root@debian:/home/usuario/Descargas# gparted

Arriba a dereita, seleccionamos a unidade USB e vemos cal é o enderezo da unidade

 

No meu caso o usb atópase no ficheiro /dev/sdb

5. Pechamos o gparted,

6. No terminal escribimos a orde dd. Debemos de prestar moita atención á  unidade de destino, pois podemos danar unha unidade non desexada.

dd if=abalar_17_beta.iso of=/dev/sdb