zip e unzip

 

É unha boa opción no caso de queres compartir os ficheiros con usuarios que empreguen o sistema operativo Microsoft Windows e macOs

Podemos facelo, como sempre desde a interface gráfica, premendo no botón dereito do rato, ou tamén co terminal.

1. Accedemos a Descargas e borramos a carpeta cursoLinux. A podémolo facer de varios xeitos:

  • Botón dereito do rato e escoller a opción "Mover ao lixo"
  • Premer na tecla "Supr" do teclado
  • Acceder ao terminal, ir á carpeta Descargas e borrar a carpeta coa orde rm -r cursoLinux
cd /home/usuario/Descargas

rm -r cursoLinux

2. Tamén borramos o ficheiro comprimido

3. Imos ao Lixo e recuperamos a carpeta borrada no paso nº1

4. Comprir co terminal a carpeta creada no execicio 1 (cursoLinux).

usuario@debian:~/Descargas$ zip -r cursoLinux.zip cursoLinux

5. Borrar a carpeta cursoLinux

usuario@debian:~/Descargas$ rm -r cursoLinux

6. Descomprimir o ficheiro comprimido cursoLinux.zip

usuario@debian:~/Descargas$ unzip cursoLinux.zip