Creación de ficheiros e carpetas desde o terminal

 

1. Abrir o terminal

2. Acceder a /home/usuario/Descargas

usuario@debian:~$ cd /home/usuario/Descargas

3. Crear unha carpeta chamada Apuntamentos

usuario@debian:~/Descargas$ mkdir Apuntamentos

4. Ver os ficheiros e carpetas que están en Descargas

usuario@debian:~/Descargas$ ls

5. Entrar dentro da carpeta Apuntamentos e crear unha nova carpeta chamada Tema_01

usuario@debian:~/Descargas$ cd Apuntamentos/

usuario@debian:~/Descargas/Apuntamentos$ mkdir Tema_01

6. Renomear Tema_01 por Resumo

usuario@debian:~/Descargas/Apuntamentos$ mv Tema_01 Resumo

7. Mover a carpeta Apuntamentos ao Escritorio

Retrocedemos un nivel na estrutura de carpetas

usuario@debian:~/Descargas/Apuntamentos$ cd ..

usuario@debian:~/Descargas$ mv Apuntamentos /home/usuario/Escritorio

 

 

Tamén podemos acceder ao cartafol Apuntamentos co Explorador de Ficheiros:

 

8. Acceder á carpeta /home/usuario/Escritorio/Apuntamentos e crear un ficheiro baleiro chamado centro

usuario@debian:~/Descargas$ cd /home/usuario/Escritorio/Apuntamentos

usuario@debian:~/Escritorio/Apuntamentos$ touch centro

Modificar o seu contido e poñer o nome do centro educativo:

usuario@debian:~/Escritorio/Apuntamentos$ mousepad centro

9. Borramos o ficheiro anterior

usuario@debian:~/Escritorio/Apuntamentos$ rm centro

8. Borrar a carpeta Apuntamentos que está no Escritorio

usuario@debian:~/Descargas$ rm -r /home/usuario/Escritorio/Apuntamentos