A estrutura de directorios de Linux

 

A organización dos directorios en Linux ten unha estrutura xerárquica en forma de árbore a partir dun directorio principal ou raíz.

 

 

Esta estrutura é radicalmente diferente á empregada en sistemas operativos Windows, onde a cada unidade ou partición se lle asigna unha letra do alfabeto. Así, a partición na que se instala o sistema operativo recibe o nome de "C",  o CD/DVD normalmente "D", e as demAis particións ou dispositivos de almacenamento extraíbles "E", "F", "G"...

Para o que nos interesa neste momento, os directorios máis importantes son os seguintes:

  • /media: Directorio que contén os puntos de montaxe dos medios extraíbles de almacenamento, tales como Pendrives (memorias USB), lectores DVD/CD-ROM ou outras particións do disco duro. Así pois, os nosos pendrives serán accesibles por medio deste directorio.
  • /home: Directorio que contén os arquivos persoais de cada usuario (documentos, música, vÍdeos, Descargas, Escritorio, etc), de xeito similar a "Os meus Documentos" de Windows. Tamén contén os ficheiros de configuración para cada usuario. Moitos destes ficheiros de configuración son ocultos, e o seu nome comeza por un punto "."