Engadir repositorios a sources.list

 

Os enderezos que dispoñamos no ficheiros /etc/apt/sources.list, condicionan o software que podemos atopar e deste xeito instalalo. O máis habitual é que só dispoñamos dos repositorios oficiais de Debian para a versión que teñamos instalada.

Obviamente non hai que coñecer os enderezos dos repositorios de memoria. Dispoñemos dunha páxina web que nos facilita moito esta labor:

https://debgen.simplylinux.ch

Debemos de ter en conta que os computadores que nos serven os programas están espallados por todo o mundo. Por iso é conveniente empregar aqueles que estean máis próximos xeográficamente. Así para España e coa versión Jessie, poderíamos empregar os seguintes:

#------------------------------------------------------------------------------#
#                   OFFICIAL DEBIAN REPOS                    
#------------------------------------------------------------------------------#

###### Debian Main Repos
deb http://ftp.es.debian.org/debian/ oldstable main contrib non-free
deb-src http://ftp.es.debian.org/debian/ oldstable main contrib non-free

deb http://ftp.es.debian.org/debian/ oldstable-updates main contrib non-free
deb-src http://ftp.es.debian.org/debian/ oldstable-updates main contrib non-free

deb http://security.debian.org/ oldstable/updates main
deb-src http://security.debian.org/ oldstable/updates main

deb http://ftp.debian.org/debian jessie-backports main
deb-src http://ftp.debian.org/debian jessie-backports main

Sen embargo, se empregamos os repositorios de http://deb.debian.org/debian/, este xa se encarga de procurar o servidor máis rápido para a nosa zona xeográfica. Na páxina web http://deb.debian.org/debian/, podemos deixala deste xeito, para a Jessie:

 

 

Ademais, moitos programas non os atopamos cos repositorios oficiais de Debian. Por este motivo deberemos engadir aos repositorios oficiais fontes de terceiros:

 

Por exemplo, se desexamos instalar Spotity, engadiremos unha liña a /etc/apt/sources.list que apunte ao servidor de Spotify

###Spotify
deb http://repository.spotify.com stable non-free

E ademais, para que teñamos garantía que ese servidor é que di ser, e non outro que nos instalara software malicioso, debemos de engadir as claves públicas do servidor de spotify:

root@debian:/home/usuario# apt-key adv --keyserver ha.pool.sks-keyservers.net --recv-keys EFDC8610341D9410

Despois de engadir o repositorio de Spotify e tameń a clave pública do servidor, debemos recargar todas as fontes:

a. Desde Synaptic, cun clic en "Recargar"

b. Desde o terminal

root@debian:/home/usuario# apt update

Se abrimos agora o Synaptic, e buscamos o programa Spotify, aparecerá o cliente de spotify "Spotify-client"

 

 

Seleccionamos spotify-client e co botón dereito do rato eliximos a opción "Marcar para instalar" e pinchamos en Aplicar

 

 

E xa o podemos arrancar. Menú de aplicativos > Son e vídeo > Spotify