Actualización

Debemos diferenciar a  actualización da maqueta da actualización da distribución Debian

Actualizar a maqueta

1. Está programado ir sacando  unha nova versión da maqueta Abalar pediodicamente. Podémolo atopar na Aula Aberta Abalar:

http://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual2/

¿Pero é preciso formatear os equipos con cada versión que se saque?. Non. Unha vez instalada unha versión no ordenador, teremos instalado un sistema operativo Debian, que pode ser actualizado periodicamente.

Ademais, o equipo técnico pon a disposición da comunidade un actualizador, que nos mantén as aplicacións da maqueta actualizada a través dun servidor puppet, podendo actualizala tanto desde un centro educativo como desde os nosos fogares. Este actualizador executarase automaticamente unha vez ao mes.

https://www.edu.xunta.gal/centros/abalar/aulavirtual2/mod/resource/view.php?id=2840

Actualización da distribución Debian

1. Actualización das fontes

a. Desde o terminal

usuario@debian:~$ su root

root@debian:/home/usuario# apt update

b. Desde o Synaptic

Menú de aplicativos > Sistema > Xestor de paquetes Synaptic

Clic en recargar

2. Actualización dos paquetes da distribución:

root@debian:/home/usuario# apt upgrade