Actualización dunha aplicación

Se o que queremos é actualizar unha aplicación en concreto e manter o resto, tamén o podemos facer, tanto desde terminal como desde Synaptic

Por exemplo no Synaptic buscamos shutter

Clic co botón dereito do rato e escollemos a opción "Marcar para anovar". Seguidamente no menú principal clic en Aplicar

Se preferimos facelo desde o terminal:

root@debian:/home/usuario# apt install --reinstall shutter