Formación EDIXGAL

formación do profesorado

As actividades

ACTIVIDADES INTERACTIVAS

 1. AS TAREFAS

2. AS PROBAS

  • Crear unha categoría dentro de banco de preguntas. Exemplo: Electricidade
  • Engade dúas preguntas dentro da categoría que acabas de crear. Exemplo:
    • A intensidade mídese en: Voltios, Amperios, Ohmios, Watios (sendo a correcta os Amperios).
    • A tensión mídese en: Amperios, Ohmios, Watios (sendo a correcta os Voltios).
  •  Crear unha proba, chamada "Unidades na electricidade". Desixamos tódalas opcións por defecto, agás o nome.

  • Gardamos
  • Clic en editar proba

  • Engadimos pregunta aleatoria

  • Repetiríanos o proceso ata acadar o número de preguntas desexadas. Neste caso como no bando só temos dúas, non ten sentido crear máis de dúas.

 

3. AS LECCIÓNS

  • Descarga a presentación para copiar os textos e imaxes da unidade
  • Crea unha leccción co nome de GNU-Linux

  • O resto das opcións deixámolas por defecto e gardamos
  • Clic en Engadir unha táboa de percorridos

  • Copiamos o texto e as imaxes da diapositiva 2 da presentación

  • Engadimos un botón co texto de pregunta, que condiciona o acceso a outro contido. É dicir se o alumno non responde correctamente non pode acceder á seguinte páxina

  • Gardamos a páxina
  • Engadimos a pregunta

  • O texto da pregunta pode ser: "GNU-Linux publícase baixo unha licenza libre?",  e como respostas deixamos Si e Non, sendo a correcta Si
  • No caso que o alumno responda Si, pode acceder á seguinte pregunta.

  • Gardamos páxina
  • Seguiríanos engadindo novas táboas de percorrido, coas súas preguntas condicionadas, que permiten ou non o paso a outras páxinas.

4. OS PAQUETES SCORM

  • Descarga o exame elaborado con exelearning
  • Súbeo ao Moodle empregando o rol de profesor
  • Accede como alumno e cúbreo de forma rápida
  • Accede de novo como profesor de comproba que o EVA garda a nota de avaliación.

ACTIVIDADES COLABORATIVAS

1. OS FOROS

  • Cambialle o nome do Foro de novas que Moodle crea por defecto por Foro da área: Foro de matemáticas, de inglés, etc

  • Engade un novo tema: Presentación.

  • Preséntate aos alumnos

2. A WIKI

   Cunha wiki pódese crear unha páxina de forma colaborativa. Tódolos integrantes poden aportar o seu gran de area na súa creación.

    Pero didácticamente pódería se empregar do seguinte xeito:

     O docente crea grupos de 5 rapaces por exemplo. Entre eles debaten un tema, empregando os comentarios. Despois da fase de comentarios, entre eles poden elaborar a páxina que serve de conclusións. O docente avalía a páxina de conclusións, para poñer unha nota ao grupo, pero tamén avalía o grao de participación dos rapaces nos comentarios, o grao de profundización nas intervencións, vocabulario, respecto ás ideas dos compañeiros, etc para dar unha nota individual a cada participante do grupo.

3. O TALLER

4. A BASE DE DATOS

  • Crea unha pequena base de datos cos fotos e unha pequena descrición da mesma

5. O GLOSARIO

  • Creamos un glosario con termos de informática, por exemplo
  • Engadimos o vocabulario que desexamos que alumno domine na unidade didáctica a traballar
  • Engadimos CPU. Para sinalar o seu significado, copiámolo da wikipedia

  • Os rapaces poden empregar o glosario como un dicionario electrónico, pero á vez (de momento non activaron esta función), cando se crea unha páxina, o Moodle automaticamente crea unha ligazón dos termos da páxina que aparecen no glosario.

6. EXTERNAL TOOLS

  • Instalamos un editor de ecuacións para Moodle, para que os rapaces poidan editar ecuacións de maneira sinxela. Para iso entramos en:

             https://www.eduappcenter.com/apps/151#.VOkMP502efQ

  • Observamos que na páxina indica que temos que copiar o seguinte enderezo de configuración no Moodle, na ferramenta externa

             https://www.wiris.net/instructure.com/canvas/editor/config

  • Se copiamos a expresión matemática, podemos pegala en calquera editor web (inserindo a expresión como código html). Por exemplo aqui:

 

ACTIVIDADES COMUNICATIVAS

1. A CONVERSA

  • Engade a ferramenta chat á túa área. É unha ferramenta de comunicación instatánea e gratuíta entre os usuarios.
  • Pódese traballar por grupos e de maneira separada.
  • É unha ferramenta ideal para traballos colaborativos, nos cales deben debatir as conclusións. Pode ser interesante para traballar xunto coa wiki.

2. A ESCOLLA

  • Crea unha escolla para elixir o delegado do curso, engadindo o nome dos 3-4 rapaces voluntarios.