Pode que esta páxina nos cree un grao de confusión ao ler o título, con respecto ao que xa sabemos de Drupal. Vemos que se trata dun manual para a creación dun blog en Drupal 6.

 

O que nos confunde é que xa temos visto que se pode engadir unha entrada de blog, cando se crea contido, e polo tanto si podemos crear blogs.

 


 

E así é. Cando escribimos un enderezo como o seguinte, sinalando o nome do usuario que crea as entradas de blog, podemos ver tódalas entradas que fixo o usuario. Pero, o ambiente gráfico é o mesmo 

 

www.edu.xunta.es/centros/iesfernandoblanco/blog?=nome_do_usuario


 

 

Sen embargo, o profesorado gustaríalle ter un espazo ben definido e personalizado para a súa área. Velaquí tedes un exemplo: o departamento de orientación do IES Fernando Blanco

 

Pero sempre hai algún profesor que xa ten o seu hosting, e o certo é que lle gustaría ter o seu blog de departamento, pero non quería esquecer o traballo que xa ten feito no seu host. Unha das posibilidades que temos é abrilo blog do departamento a través dun iframe, enmascarando a url.

<!DOCTYPE html>
<html>
   <head>
     <meta charset="utf-8" />
     <title>Departamento de Orientación</title>
     <style type="text/css">
        html, body, div, iframe {
            margin:0;
            padding:0;
            height:100%;
            }    
        iframe {
            display:block;
            width:100%;
            border:none;
            }
    </style>
    </head>
    <body>
     <iframe src="http://www.edu.xunta.es/centros/iesfernandoblanco/orientacion"></iframe>
    </body>
 </html>

 

 

Licencia de Creative Commons