Introdución

Moitos docentes están creando ou ben crearon blogs educativos. Sen dúbida, os blogs engaden un importante valor pedagóxico á tarefa dos docentes nas aulas.

   Sen embargo, case na súa totalidade dos docentes, empregan servidores alleos ós proporcionados pola Consellería: Blogger, Wordpress, etc. Esta práctica de uso de servizos gratuítos na web, aínda que tecnicamente máis doada, conta con diferentes problemáticas que cada vez máis centros están a valorar como:

A. Aceptación de termos de servizo en clave persoal para uso corporativo.
B. Posta a disposición de empresas terceiras de datos privados nosos e dos nosos alumnos sen o debido consentimento. A este respecto é de gran interese o documental "Términos y condiciones de uso"

   Coa actualización de Drupal, pasando á versión 6, faise máis sinxela a creación dun blog dentro do espazo web do centro.

Aínda que o equipos de Asesores Abalar ten unha documentación elaborada, que podes consultar en "Blogs educativos con Drupal 6" , fixen un  titorial co quero explicar como creei un Blog para o Departamento de Orientación do IES Fernando Blanco de Cee. Non pretendo, nin sei, facer unha documentación técnica, senón contar a miña experiencia, por se é útil para algún compañeiro. Con seguridade existen moitas incorreccións, melloras, ademais doutros métodos alternativos para acadar o mesmo resultado e mesmo melloralo. Porén calquera corrección ou mellora será benvida, en prol de melloralo produto final.

 

Licencia de Creative Commons