Como copiar e pegar do Writer?

 

Debemos de ter en conta que ó traballar co procesador de textos, xa sexa o Writer de LibreOffice como o Word de Microsoft Word, a información que copiamos non só é o textos ou as táboas que vemos, senón que inclúe información extra, como son os estilos e outra, a veces difícil de saber para o que vale. Por iso temos que ter unha pequena precaución ó pegala: empregar a icona "Pegar desde Word" (xa podían cambiarlle o título por "Pegar desde Writer" , non si?)

Ademais cas imaxes, non vale o procedemento de copiar-pegar. Debemos de gardalas nunha carpeta e posteriormente inserilas na páxina de Drupal.

 

1.- Crea unha nova páxina que titulamos OS PRINCIPIOS DA ECONOMÍA AZUL. Vincula esta páxina ca práctica 02 do menú creado no preliminar 5 (Diríxete á práctica 01 se tes dúbidas)

2.- Descarga o ficheiro de Writer: los principios de la economía azul.odt

3.- Copia no ficheiro de Writer toda a táboa

4.- No Drupal, clic no botón "Pegar desde Word"

6.- Aparece unha nova fiestra, cal temos que pegar o copiado, ca combinación de teclas "Control + V"

7.- Clic en Insertar

      Se aparece información do estilo "H3 { margin-bottom: 0.21cm; }H3.western ..." ó principio, eliminámola

8.- Aparece no Drupal, pero temos que facer varios cambios:

  • Táboa: botón dereito do rato >> Propiedades da táboa

       Escollemos as seguintes opcións: Recheo de cela: 20, Aliñamento: Centrado, Ancho 100%, Borde 1

  • Imaxe. No documento de Writer, situámonos enriba da imaxe, clic co botón dereito do rato, e eliximos a opción "Gardar imaxe ..."

 

gardámola nunha carpeta do noso equipo, como Imaxes, Escritorio, etc.

Vamos a Drupal, situámonos la cela na cal debería de ir a imaxe e pinchamos en "Insertar/editar imaxes" , eliximos a carpeta e o ficheiro que acabamos de gardar no paso anterior

 

9. Clic en feito

 

RESULTADO