Introducir unha foto, empregando o Módulo Lightbox

Agora, sen saír da páxina que estamos deseñando en Drupal, vamos a introducir unha imaxe, empregando un módulo chamado Lightbox2

Atención!: Só o usuario administrador pode activar módulos

1.- O primeiro paso é comprobar que están activos os módulos Lightbox2 e Image Assitant. Para iso vamos a administrar >> construción do sitio >> modulos

2.- Pero ademais de ter o módulo instalado temos comprobar que o noso usuario (admin, que ten o rol de administrador) ten dereitos para empregalo. Para iso vamos a Administrar > Por módulo (fixarse na parte superior)

Procuramos lightbox2, e clic en Administrar permisos

Aparece a seguinte táboa, na cal, lle damos aos usuarios Administrador tódolos permisos, con respecto a lightbox2

 

 

 

Descarga a seguinte imaxe

3.- No Drupal, pinchamos en insertar/editar imaxe, e aparece o cadro de xestión de imaxes. Subimos a imaxe que acabamos de descargar.

4.- Sen saír, nin inserir a imaxe, seleccionamos a imaxe e pinchamos en resize, e dámoslle un tamaño de 200 de alto (o ancho xa se axusta so), e facemos unha copia con este novo tamaño.

O pinchar na casilla do ancho (width), xa introduce automáticamente o ancho, xa que mantén as proporcións.

Debes de fixarte que temos seleccionado a opción "Create a new image". Como resultado teremos estas dúas imaxes creadas:

 

5.- Introducimos a imaxe con tamaño 288x200 pixeles na páxina López Abente, facendo clic en insert. Deste xeito voltamos á seguinte ventana:

 Clic en insert.

 

6.- Xa unha vez inserida a imaxe na páxina de López Abente, centrámola e pinchamos en Insert/Edit Link, e creamos un hipervínculo á imaxe de maior tamaño.

Clic en browse, e escollemos a imaxe de maior tamaño

Clic en Insert file. Na fiestra á que voltamos, en Title, indicamos o título da foto: "A Barca de Muxía".

 E así voltamos a páxina López Abente. Nela clic en "Disable rich text", pero tamén valería a icona HTML

 

Quédanos o código html da páxina que levamos facendo.

 

 

 A parte do código que que está en cor azul na imaxe anterior engadimos rel="lightbox", quedando así:

<a title="A Barca de Muxía" href="/curso20/sites/default/files/u3/santuario%20da%20Barca.jpg" rel="lightbox">

 

 

Clic en gardar.

 

7. Comprobamos o funcionamento. Ó pinchar na imaxe, aparece unha fiestra emerxente, co tamaño máis grande que subimos da imaxe e co seu título, e sen descolocar para nada o texto que teñamos na páxina.