Imaxes

Neste caso crearemos unha páxina nova, só cunha imaxe, a cal queremos que apareza sempre cando abrimos a páxina web (pegañoso ó comezo das listas).

 

1.- Descargamos a seguinte foto

2.- Abre a imaxe co Gimp.

3.- Clic en Imaxe > Escalar imaxe. Como tamaño, escollemos 300x225 px

4.- Clic en Ficheiro > Exportar

5.- Clic en Importar (erro de tradución) e gardamos a imaxe nunha carpeta que destinemos a tal fin. Seguidamente en exportar (esta vez si)

6.- Creamos unha nova páxina, que chamaremos Benvidos!

7.- Inserimos a imaxe

8.- Centrámola

9.- Normalmente corresponde ao usuario Administrador decidir se os contidos se promocionan ou non á páxina principal ou incluso ancorala ao inicio dunha páxina. Nesta páxina de formación está configurado que calquera publicación apareza na páxina principal por razóns didácticas.

 

 

RESULTADO


 

Bancos de imaxes