Restaurar o sistema

 

  1. Co ordenador apagado conectar o lapis USB a un porto USB calquera.

  1. Acender o portátil e pulsar a tecla f12
  2. Aparece o Boot Menu, no que elixiremos a opción de arrancar a través da memoria USB ( xeralmente a última opción).

  1. Arrancará o equipo dende a memoria USB, e nos ofrecerá un menu do sistema operativo que desexamos restaurar; no noso caso Debian 8.
  2. O equipo comezará o proceso de restauración ( Duración máxima 10 min).
  3. Rematado o proceso , reiniciamos o equipo que xa arrancará o escritorio habitual da maqueta do proxecto.
  4. Configuraremos as IPs estáticas que tiñamos reservadas.
  5. Executaremos o paquete actualizador , seguindo as intruccións aloxadas en Aula aberta Abalar