Patelo. Transmite a emoción do amor pola mecánica naval.

5/7/2016

O señor Patelo é un mecánico naval, hoxe xubilado, pero corazón no mar. Ten miles de visitas aos seus vídeos nos que nos amosa como constrúe motores miniatura. A min o que máis me emociona é como transmite a información, na que en cada palabra venme á mente esas viaxes interminables navegando polos océanos, metido entre grasa e ruído, e seguramente pensando a diario nos seus. Sen dúbida un magnífico exemplo de amor a unha profesión.

http://www.fogonazos.es/2016/04/patelo-realiza-su-sueno-la-sala-de.html

 


Leave Comment