Protocolo para a solicitude de Agueiro para un centro

Agueiro | 5/2/2016

Protocolo que deben seguir os centros educativos que queiran dispoñer dunha "Comunidade Educativa Virtual" dentro de Agueiro:

  1. O centro educativo debe enviar unha solicitude por correo electrónico, dirixida a "agueiro[-arroba-]edu.xunta.es", de acordo cos seguintes criterios:
    • É imprescindible que a solicitude chegue remitida desde o correo "edu" do centro educativo.
    • Non se admitirán solicitudes remitidas desde as contas de correo persoais dos profesores nin desde ninguha outra conta de correo distinta á conta de correo corporativa do centro educativo.
    • No texto da solicitude deberán indicarse os seguintes datos do centro solicitante: Código do centro + Nome do centro
    • No texto da solicitude tamén deberán indicarse os datos de contacto de un profesor/a do centro educativo que será o responsable da "Comunidade Educativa Virtual" deste centro dentro de Agueiro.
      Os datos de contacto que se indicarán son os seguintes:  Nome completo do profesor/a  + conta de correo "edu" do profesor/a.
    • A conta de correo "edu" do profesor/a designado como responsable do proxecto no centro é un dato obrigatorio, de maneira que non se admitirá ningunha outra conta de correo electrónico distinta a esa.
    • Este profesor/a designado como responsable para esta nova Comunidade Educativa Virtual, asumirá o rol de "administrador" da súa comunidade e actuará como persoa de contacto no centro en todo o relacionado co proxecto Agueiro.

Leave Comment